En La poesía como medio de conocimiento de la naturaleza, Edmundo Moure traza un ensayo que desborda lo académico para situarse en un territorio donde la palabra es experiencia y revelación. Su juicio literario reconoce que la poesía no se limita a ser ornamento verbal: es método de conocimiento, vía simbólica que devela lo que la ciencia no alcanza a nombrar. Moure recurre a Bachelard, Hegel, Dilthey, Heidegger y Borges, no como erudición fría, sino como diálogo vivo entre filosofía y poesía, donde la metáfora opera como llave de acceso al sentido profundo de la naturaleza. Así, el mito chilote de Tentén y Caicai se enlaza con teorías científicas, mostrando que ambos lenguajes buscan explicar lo inasible. Moure reinstala la poesía como instancia cognitiva que complementa, más que contradecir, a la ciencia; un medio de trascendencia en que sujeto y objeto se confunden. En su prosa se percibe al investigador acucioso que, a partir de la investigación de la poiesis, busca una respuesta a las posibilidades y límites de la poesía como raciocinio metafórico. Este texto confirma el aporte innovador de Moure: la poesía como horizonte epistémico y espiritual, capaz de devolver al hombre una visión integral del mundo.
En A poesía como medio de coñecemento da natureza, Edmundo Moure traza un ensaio que desborda o académico para situarse nun territorio onde a palabra é experiencia e revelación. O seu xuízo literario recoñece que a poesía non se limita a ser ornamento verbal: é método de coñecemento, vía simbólica que desvela o que a ciencia non acada nomear.
Moure recorre a Bachelard, Hegel, Dilthey, Heidegger e Borges, non como erudición fría, senón como diálogo vivo entre filosofía e poesía, onde a metáfora opera como chave de acceso ao sentido profundo da natureza. Así, o mito chilote de Tentén e Caicai enlázase con teorías científicas, mostrando que ambas as linguaxes procuran explicar o inasíbel.
Moure reinstala a poesía como instancia cognitiva que complementa, máis que contradicir, á ciencia; un medio de transcendencia no que suxeito e obxecto se confunden. Na súa prosa percíbese ao investigador acucioso que, a partir da indagación da poiesis, busca unha resposta ás posibilidades e límites da poesía como raciocinio metafórico.
Este texto confirma a achega innovadora de Moure: a poesía como horizonte epistémico e espiritual, capaz de devolverlle ao home unha visión integral do mundo.